¿Estudo de deseño gráfico ou freelance?
Seguro que te fixeches esta pregunta algunha vez. E non é para menos, xa que as implicacións de traballar cun ou con outro van máis aló do prezo. Lembra que o barato acaba saíndo caro. A pesar de que ambas opcións son aceptables e todo depende dos resultados que queiras obter, un estudo de deseño sempre ten a posibilidade de ofrecerche MÁIS ca un freelance…
1- Máis dispoñibilidade
As axencias ou estudos contan con máis profesionais ao seu cargo polo que a dispoñibilidade sempre é maior. Modificarán a súa axenda para dar cabida ao teu proxecto mentras que o freelance independente só poderá facerse cargo do cliente en canto acabe cos proxectos que ten abertos.
2- Máis garantías
Un estudo de deseño asegúrache a continuidade, compromiso e calidade do teu proxecto.
Imaxina que o freelance se pon enfermo, marcha de viaxe… será un tempo perdido no teu proxecto mentras que se o deixas en mans dun estudo iso non impedirá que o proxecto siga en marcha. A calidade está garantizada polas referencias dos traballos a clientes con grandes e pequenos proxectos.
3- Máis versatilidade
Un estudo ofréceche, se quieres, servizos alternativos que apoiarán o teu proxecto (redes sociais, impresión, campañas, distribuidores…) Seguramente poden aconsellarte en diferentes ámbitos relacionados debido á súa variedade de traballadores.
4- Máis ideas
Un grupo de deseñadores e comunicadores colaboran nas ideas, polo que ofrecen una ampla gama de resultados. A creatividade de grupo é máis variada que a dunha persoa.
5- Máis tranquilidade
Sentiraste máis despreocupado deixando o teu proxecto en mans dun estudo de deseño porque tes garantías profesionais e referencias de outros clientes que o freelance está construíndo.