ideas
Suscribirse a este feed RSS
Miércoles, 04 de Enero de 2017 12:42

Tamaño e capacidades adaptadas ao cliente!

Vimos de festexar o 50 aniversario de Caixa Rural Galega do mellor xeito posible: traballando na súa celebración!


A Caja Rural Provincial de Lugo, unha sociedade cooperativa de crédito, dirixida a labregas, labregos e gandeiros soubo manter durante esta metade de século o espíritu que lle deu orixe ata converterse na Caixa Rural Galega que hoxe conta cuns 15.000 socios. Como non ía celebralo por todo o alto?


Para nós foi un pracer ben grande encargarnos deste proxecto que requería organización, coordinación, constancia, moitas horas de traballo e moito amor, como todo o que facemos! O esforzo de todo o noso equipo de profesionais viu os seus froitos o pasado 16 de decembro cunha gala á que acudiron máis de 200 persoas.


Dende TATATA comunicación e deseño encargámonos da organización da gala do 50 aniversario, da maquetación do libro “50 anos cos pés na terra” da xornalista Marta Veiga e da creación dun vídeo de agradecemento para clientes e traballadores. Traballamos tamén no deseño gráfico do evento, da cea e da publicidade en prensa e na creación do deseño de marca do medio século de vida de CRG adaptándoo a todos os soportes utilizados.

 

 


Ver vídeo 50º aniversario Caixa Rural Galega

 

 

 

 

 

 

Este proxecto é unha mostra da importancia do traballo en equipo para que todo marche sobre rodas! Pero tamén da importancia de contactar cunha axencia que reúna o tamaño e capacidades profesionais adaptadas ás necesidades do cliente. Nós témolo claro! A base do éxito está en mans, corazóns e mentes traballando en equipo para xuntar ideas e darlles forma!

 

O 50 aniversario de Caixa Rural Galega é un dos últimos proxectos no que participamos todo o equipo humano de TATATA! Grazas por darnos a oportunidade de seguir descrubríndonos a nós mesmos. Grazas por ser unha das entidades máis destacadas de Lugo e confiar na forza  dunha axencia local ;)

Publicado en Novedades