diseño
Subscribe to this RSS feed
Mércores, 05 Xullo 2017 11:17

MDCL: Así o fixemos

A parte de ser o decano dos Museos Galegos e estar ubicado nun edificio declarado Ben de Interese Cultural e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO como o é a Catedral de Santa María, o Museo Diocesano e Catralicio de Lugo é moi importante para o noso estudo.

 

Queres saber por que? Pos ben, imos aló!

 

No ano 2014 comezamos a traballar na reforma do museo, o proxecto máis grande que realizábamos ata o momento e que vería á luz en 2017, coincidindo co noso 20 aniversario e consolidando a tatata como un referente galego no ámbito museográfico! Non nos podía facer máis ilusión porque ademais o MDCL tamén estaba a piques de celebrar o seu centenario. Sen dúbida, todo un reto profesional do que presumir!

 

Antes de poñernos mans á obra, a nosa premisa estaba clara: facer unha reforma que respectara por riba de todo a Catedral de Santa María e plantexando un museo que non deixase pegada no edificio.

 

Proxecto museográfico

Durante a primeira etapa do proxecto ideamos coidadosamente a distribución do guión expositivo (elaborado por Carolina Casal conservadora do museo) no espazo, así como o seu deseño respectando sempre as características do edificio para integrar o museo na Catedral de Lugo. Creamos un discurso visual basado no conceptual permitindo que as obras e mailos textos que as acompañan se presenten de xeito óptimo para a súa acertada interpretación.

 

Produción

Tamén traballamos na elaboración de dispositivos museográficos como bases, vitrinas, soportes, entre outros, responsables de que unha obra cobre maior ou menor forza. Estudamos, xunto cos responsables do museo, na selección de cores das paredes, os rótulos e todos aqueles elementos que nunha exposición acompañan ás pezas ca fin de poñelas en valor. Seleccionamos a distribución e deseño da iluminación, madeira, cristal... traballando con empresas locais.

 

Deseño gráfico e comunicación

Para crear a identidade corporativa do MDCL (logo, entradas...) basámonos na súa peza central, o Crismón de Quiroga. Dende o estudo tamén traballamos no deseño da sinaléctica, paneis explicativos, folleto e placa institucional para dotar esta nova etapa do museo dunha comunicación e deseño coordinado e integrado co espazo.

 

 

 Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo

 

[Fotografías da Diócese de Lugo]

 

O proxecto da reforma do Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo é un claro exemplo das capacidades das empresas locais en proxectos de gran valor. Por iso, queremos agradecer á Diócese de Lugo por apostar polo noso equipo nun proxecto de tal envergadura.

 

O resultado final do museo provoca aos visitantes unha experiencia innovadora ofertando un museo vivo, aberto e atractivo. Animámosvos a ir visitalo, e gozar dunha colección de obras e pezas que repasan non só a historia da Igrexa na Diócese Lucense, senón que supoñen un percorrido pola historia de Galicia.

Published in Novedades

Tes un proxecto gráfico en mente e queres mostrarllo ao mundo?

Se ben é certo que unha imprenta está a maquetar libros, folletos ou calquera outro material gráfico, o resultado, frente ao traballo dun deseñador, é totalmente diferente ao igual que o son as profesións. Por un lado, o traballador dunha imprenta require formación en artes gráficas mentras que o deseñador realizou estudos de deseño gráfico. Coa fin de buscar calidade, coidado ata o máis mínimo detalle, creatividade, un deseño que funcione co contido e un resultado profesional a decisión é contratar a un deseñador ou deseñadora.

 

 

traballando

Vexamos, de xeito esquemático, as razóns e ventaxas polas que se debe traballar con profesionais do deseño para a maquetación dun librou ou de calquera outro traballo que implique deseño e maquetación:

 

1) Experiencia: O deseñador ten unha experiencia máis profunda no desenvolvemento de proxetos, ten moito coñecemento dos sectores e as súas tendencias, do cliente e os seus produtos, pero sobre todo ten moita información do público obxectivo e os seus gustos de consumo.

 

2) Solucións de deseño e maquetación profesionais: Claramente o labor dun deseñador de imprenta, é a de axustar e montar pranchas cos deseños dos clientes/deseñadores.

Na imprenta a experiencia e o coñecemento do proxecto e os sectores específicos, redúcense pola súa falta de profundidade, ao non haber tempo para desenvolver todos os labores de investigación e desenvolvemento que xiran ao redor do deseño.

 

3) Creatividade: Esta é a gran diferencia, o que fai único cada proxecto. A creatividade cultívase como un xardín, é preciso coidala e darlle alimento. Un deseñador é xardineiro da súa propia creatividade, cóidaa e aliméntaa con cada proxecto, dando como froito traballos únicos e personais que marcan a diferencia do cliente coa súa competencia.

Na imprenta a creatividade quédase na porta, non ten cabida nun sistema industrial e productivo. Pensar cun deseñador na pequena sala de ordenadores dunha imprenta pode defender a súa creatividade é un erro.

 

4) Calidade e garantías no resultado final do proxecto: As razóns son varias e resúmense nunha: no é o mesmo.

 

O teu proxecto merece que os detalles importen, o teu proxecto merece mostrarse ao mundo do xeito máis bonito posible.

Published in Novedades
Mércores, 04 Xaneiro 2017 12:42

Tamaño e capacidades adaptadas ao cliente!

Vimos de festexar o 50 aniversario de Caixa Rural Galega do mellor xeito posible: traballando na súa celebración!


A Caja Rural Provincial de Lugo, unha sociedade cooperativa de crédito, dirixida a labregas, labregos e gandeiros soubo manter durante esta metade de século o espíritu que lle deu orixe ata converterse na Caixa Rural Galega que hoxe conta cuns 15.000 socios. Como non ía celebralo por todo o alto?


Para nós foi un pracer ben grande encargarnos deste proxecto que requería organización, coordinación, constancia, moitas horas de traballo e moito amor, como todo o que facemos! O esforzo de todo o noso equipo de profesionais viu os seus froitos o pasado 16 de decembro cunha gala á que acudiron máis de 200 persoas.


Dende TATATA comunicación e deseño encargámonos da organización da gala do 50 aniversario, da maquetación do libro “50 anos cos pés na terra” da xornalista Marta Veiga e da creación dun vídeo de agradecemento para clientes e traballadores. Traballamos tamén no deseño gráfico do evento, da cea e da publicidade en prensa e na creación do deseño de marca do medio século de vida de CRG adaptándoo a todos os soportes utilizados.

 

 


Ver vídeo 50º aniversario Caixa Rural Galega

 

 

 

 

 

 

Este proxecto é unha mostra da importancia do traballo en equipo para que todo marche sobre rodas! Pero tamén da importancia de contactar cunha axencia que reúna o tamaño e capacidades profesionais adaptadas ás necesidades do cliente. Nós témolo claro! A base do éxito está en mans, corazóns e mentes traballando en equipo para xuntar ideas e darlles forma!

 

O 50 aniversario de Caixa Rural Galega é un dos últimos proxectos no que participamos todo o equipo humano de TATATA! Grazas por darnos a oportunidade de seguir descrubríndonos a nós mesmos. Grazas por ser unha das entidades máis destacadas de Lugo e confiar na forza  dunha axencia local ;)

Published in Novedades

Coidar a imaxe da túa marca, empresa ou institución é unha das inversións que máis se amortizan. Os que nos adicamos, dende fai anos, ao mundo do deseño atopámonos con clientes que se “aventuran” a deseñar por conta propia, considerando acudir a un profesional un gasto innecesario.


Ben é certo que nos últimos tempos os programas de deseño están feitos de tal xeito que persoas inexpertas no tema poden chegar a argallar e facer deseños “aparentes”.

 

Non obstante, débense ter en conta unha serie de factores para deixar esta tarefa en mans de profesionais xa que, crear a identidade dunha marca ou empresa precisa de coñecemento previo de imaxe corporativa, deseño, simbolismo de forma e cores, debuxo, coñecemento de tipografías, comunicación, creación de textos, semiótica e outros moitos conceptos. Todo, sen esquecernos de coñecemento na preparación da arte final para que non salga defectuoso na súa producción.

 

Deseño de Imaxe Corporativa

 

 


A Indentidade Corporativa trátase da concepción psicolóxica ou valores que transmite unha entidade en concreto. É algo así como a imaxe persoal que transmite unha empresa, marca ou institución; a súa esencia. Está composta por todos os factores dunha entidade, dende a imaxe visual do deseño, pasando polo uso das redes sociais ata o xeito de comunicar.


Comprender a importancia que ten reflexar unha imaxe e comunicación coherentes a través dunha imaxe visual, que capte a esencia da marca, axuda a darnos conta da complexidade desta profesión e a desmentir a idea de que o traballo do deseñador gráfico é cousa de nenos.


Nunca hai unha segunda oportunidade para crear unha primeira boa impresión e na sociedade actual, acostumada a unha vista rápida de calquera mensaxe, o deseño desempeña un papel fundamental para comunicar xa que non precisa de máis axuda.

 

Ademáis, está demostrado que deseño é unha inversión que trae beneficios:

 - Axúdache a que se coñeza o teu negocio

 - Diferénciate dos competidores

 - Transmite a esencia da túa marca ao público

 - É o responsable dunha porcentaxe alta das ventas

 


Deseño de Imaxe Corporativa

|As fotografías do artigo son unha mostra dun dos traballos de Imaxe Corporativa, realizados polo equipo de TA TA TA, aos que lle adicamos tempo e toda a ilusión do mundo para sacar o mellor dos resultados. Tamén podes ver o deseño da súa web scurve.es  |

Published in Novedades