que es diseño gráfico
Subscribe to this RSS feed

Coidar a imaxe da túa marca, empresa ou institución é unha das inversións que máis se amortizan. Os que nos adicamos, dende fai anos, ao mundo do deseño atopámonos con clientes que se “aventuran” a deseñar por conta propia, considerando acudir a un profesional un gasto innecesario.


Ben é certo que nos últimos tempos os programas de deseño están feitos de tal xeito que persoas inexpertas no tema poden chegar a argallar e facer deseños “aparentes”.

 

Non obstante, débense ter en conta unha serie de factores para deixar esta tarefa en mans de profesionais xa que, crear a identidade dunha marca ou empresa precisa de coñecemento previo de imaxe corporativa, deseño, simbolismo de forma e cores, debuxo, coñecemento de tipografías, comunicación, creación de textos, semiótica e outros moitos conceptos. Todo, sen esquecernos de coñecemento na preparación da arte final para que non salga defectuoso na súa producción.

 

Deseño de Imaxe Corporativa

 

 


A Indentidade Corporativa trátase da concepción psicolóxica ou valores que transmite unha entidade en concreto. É algo así como a imaxe persoal que transmite unha empresa, marca ou institución; a súa esencia. Está composta por todos os factores dunha entidade, dende a imaxe visual do deseño, pasando polo uso das redes sociais ata o xeito de comunicar.


Comprender a importancia que ten reflexar unha imaxe e comunicación coherentes a través dunha imaxe visual, que capte a esencia da marca, axuda a darnos conta da complexidade desta profesión e a desmentir a idea de que o traballo do deseñador gráfico é cousa de nenos.


Nunca hai unha segunda oportunidade para crear unha primeira boa impresión e na sociedade actual, acostumada a unha vista rápida de calquera mensaxe, o deseño desempeña un papel fundamental para comunicar xa que non precisa de máis axuda.

 

Ademáis, está demostrado que deseño é unha inversión que trae beneficios:

 - Axúdache a que se coñeza o teu negocio

 - Diferénciate dos competidores

 - Transmite a esencia da túa marca ao público

 - É o responsable dunha porcentaxe alta das ventas

 


Deseño de Imaxe Corporativa

|As fotografías do artigo son unha mostra dun dos traballos de Imaxe Corporativa, realizados polo equipo de TA TA TA, aos que lle adicamos tempo e toda a ilusión do mundo para sacar o mellor dos resultados. Tamén podes ver o deseño da súa web scurve.es  |

Published in Novedades