ta ta tá ta ta tá ta ta tá

Somos un estudo creativo nacido en Lugo en 1996, cando Manu e Christian, dous compañeiros de estudos con moitas ideas e ganas de facer cousas, decidiron converter os seus soños nun proxecto propio.

Trinta (!) anos despois, seguimos con esa mesma ilusión, pero cun equipo multidisciplinar que medrou ata converterse nunha axencia 360 de comunicación e deseño. Traballamos con todo tipo de clientes, ideas e proxectos, sempre buscando novas formas de contar, crear e conectar.

Porque nos gustan as boas ideas, pero gústanos aínda máis facelas realidade. Coidamos cada detalle, implicámonos en cada proxecto e deixamos que o noso traballo fale por nós.

Vídeos | Deseño editorial | Deseño gráfico | Deseño web | Marketing | Redes Sociais | Museografía | Microeventos | Publicidade | Exposicións | Branding

Comunicación 360º

En tempos de hiperinformación apostar por unha canle xa non é unha opción. Por iso somos especialistas nas campañas de comunicación integrais, desde a creación da túa marca ata a súa adaptación e difusión a diferentes soportes.

Museografía

Somos un equipo de profesionais da comunicación, deseño gráfico, museografía, dirección de arte… que creamos discursos museográficos eficientes, creativos, sostibles, igualitarios e atractivos desde o concepto á forma. 

Síguenos!

Rúa Nova, 19 (Pazo da Maza)
27001, Lugo

Tfno. 982 251 393
tatata@tatatacomunicacion.com