Se presentaron cerca del millar de trabajos entre todas las agencias de Galicia para una selección final de 100. Han sido seleccionados un total de siete trabajos de TA TA TA. Cuatro de ellos son publicaciones, siendo así TA TA TA, el estudio de Galicia que mas DISEÑO EDITORIAL aporta al anuario 2010.
Nota de creatividadegalega:
O vindeiro xoves 29 de setembro ás 18:30 presentaremos o anuario da Creatividade Galega 2010 na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela.
A quinta edición do anuario ten para nós un valor simbólico: é a culminación dunha etapa na que podemos falar xa dun proxecto maduro e consolidado que desemboca na creación da primeira asociación de profesionais da publicidade en Galicia de ámbito autonómico; pero tamén é un novo primeiro paso, o momento apropiado para dar un salto cualitativo e ofrecervos unha publicación máis selectiva e coidadosa coas obras que recolle.
Podemos falar de que este foi o ano no que máis axencias, estudios de deseño e empresas de comunicación participaron; tamén o ano no que máis traballos nos enviaron e, sen embargo, será o ano no que menos obras formen parte de Creatividade Galega: recibimos preto dun milleiro de traballos dos que apenas seleccionamos cen.
Non é unha decisión aleatoria ou un antollo, é un esforzo custoso e consciente na busca da calidade e da excelencia que pretende amosar o mellor do mellor e facelo coa calidade que as pezas seleccionadas merecen.
Se queredes ser os primeiros en ver o resultado… agardámosvos na presentación!
http://creatividadegalega.org/