Somos un estudo creativo que naceu en Lugo en 1996 da man de Manu e Christian, dous compañeiros de estudos que fixeron realidade os seus soños.
Hoxe, case trinta anos despois, o noso equipo multidisciplinar fai de nós unha axencia 360 de comunicación e deseño para todo tipo de clientes.
No 100% dos nosos proxectos coidamos os detalles porque aportan e importan, pero dá igual o que che digamos, somos o que facemos!
Comunicación 360º
En tempos de hiperinformación apostar por unha canle xa non é unha opción. Por iso somos especialistas nas campañas de comunicación integrais, desde a creación da túa marca ata a súa adaptación e difusión a diferentes soportes.
Museografía
Somos un equipo de profesionais da comunicación, deseño gráfico, museografía, dirección de arte… que creamos discursos museográficos eficientes, creativos, sostibles, igualitarios e atractivos desde o concepto á forma.