Estamos adheridos ao Catálogo de Solucións de Dixitalización do Programa Kit Dixital. A financiación das axudas efectúase con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España, financiado polo Plan Europeo Next Generation.
O principal obxectivo é promocionar a túa empresa en Redes Sociais. Os importes das axudas oscilan entre os 2000 € aos 2500 €.
Social Media Plan
Elaboraremos unha estratexia de comunicación que reflicta a identidade da túa empresa, deseñada para atraer novos clientes e reforzar a relación cos actuais.
Monitorización
Realizaremos un seguimento continuo das contas para medir o impacto das túas publicacións e campañas, asegurándonos de cumprir os teus obxectivos.
Optimización
Analizaremos os teus perfís e actividades nas RRSS para identificar áreas de mellora e ofrecer recomendacións para aumentar a visibilidade e a interacción.
Auditoría
Recibirás informes periódicos sobre o rendemento das túas contas, incluíndo métricas clave e análise de resultados.
Creación de contido
Publicaremos entre 8 e 10
actualizacións mensuais, garantindo que o contido sexa relevante e atractivo para a túa audiencia.
Interacción
Responderemos aos comentarios e mensaxes dos teus seguidores, fomentando unha comunidade activa.