Somos un equipo de profesionais da comunicación, deseño gráfico, museografía, dirección de arte… que creamos discursos museográficos eficientes, creativos e atractivos desde o concepto á forma. Desde os últimos anos traballamos incorporando a mirada sostible e en prol da igualdade en cada proxecto.
Deseño museográfico
Conceptualizamos e deseñamos experiencias expositivas, incluíndo a dirección técnica dos proxectos, a distribución e percorridos, o deseño de mobiliario con prototipos e o desenvolvemento de proxectos executivos.
Contidos
Ofrecemos asesoría sobre contidos museográficos e guións expositivos.Tamén podemos encargarnos da difusión.
Asesoramento
Transformamos a nosa experiencia profesional en asesoramento técnico para estudar a viabilidade do proxecto.
Deseño Gráfico
Toda exposición ou proxecto museográfico precisa unha gráfica capaz de transmitir e acompañar ao contido. Para iso, o noso equipo de deseño gráfico pode desenvolver a imaxe global, as infografías, a sinaléctica, así como os catálogos e os elementos de difusión on-off line.
Produción de proxectos
Facémonos responsables dun plan de traballo de acordo a un calendario, controlamos os orzamentos de execución e garantimos a xestión técnica, económica e de recursos humanos. Contamos con medios e equipos propios e tamén colaboramos con provedores de confianza.
Seguridade
Elaboramos plans que eviten durante a montaxe calquera risco que poida afectar á integridade das pezas ou bens culturais.