En tempos de hiperinformación apostar por unha canle xa non é unha opción. Por iso somos especialistas nas campañas de comunicación integrais, desde a creación da túa marca ata a súa adaptación e difusión a diferentes soportes.
Branding
Deseñamos para a túa marca unha identidade que transmita os seus valores e que a diferencie da competencia. Deseño de logotipo, rexistro de denominación comercial, selección de tipografía e cores, creación de identidade corporativa, lema…
Deseño gráfico
Deseñamos gráficos, creamos ilustracións e redactamos textos adaptándoos a diferentes soportes.
Redes Sociais
Creamos contidos, unímonos ás tendencias, interactuamos co teu público e avaliamos resultados.
Deseño Editorial
Deseñamos toda clase de publicacions editoriais como libros, catálogos ou revistas. Para garantir os mellores resultados gústanos encargarnos da súa produción, pero tamén podemos asesorarte no proceso.
Deseño Web
Creamos e mantemos webs bonitas, intuitivas e amigas do SEO, tamén chamado posicionamento web. Páxinas web integrais alineadas coa imaxe de marca, langing page, tenda online, análisis SEO, etc.
Proxectos integrais
Asumimos a total responsabilidade na xestión de proxectos de comunicación. Elaboramos un plan de traballo adaptado a un calendario, controlamos orzamentos de execución e garantimos a xestión técnica, económica e de recursos humanos.
Vídeos
Creamos ideas e guións narrativos: Vídeos turísticos, corporativos, para museos, espazos culturais, etc.